A Xunta amplía contidos, prazas e orzamento para os obradoiros de emprego de Caldas

CALDAS> Quince veciños de Caldas buscan unha saída laboral no sector forestal e da xardinería. Hoxe remataron a súa formación nestas materias nun obradoiro impulsado no municipio. Grazas a esta acción formativa, algúns deles xa atoparon traballo, incluso antes de termina-lo curso. A Xunta xa anunciou unha segunda edición destes cursos na localidade, con novas ensinanzas, máis orzamento e máis prazas dispoñibles.

Unha aprendizaxe completa que hoxe chegou ao seu fin. Quince veciños de Caldas recibiron formación durante 4 meses en materia forestal e de xardineria. Entre os traballos executados nas súas prácticas, melloras na zona de Segade. O alumnado confía agora en atopar unha saída laboral grazas a este obradoiro. Algúns deles de feito, xa conseguiron un emprego.

Esta mañá tivo lugar a clausura da primeira edición deste obradoiro de empregoimpulsado pola Xunta bautizado ‘Os Camiños do Camiño’. O alcalde de Caldas agradeceu á Xunta o investimento feito e felicitou ao alumnado polo seu bo traballo.

O rexedor tamén agradeceu á Xunta a concesión da segunda edición dos obradoiros de emprego. Ás materias de forestal e xardinería, incluirase tamén formación en albanería e canteiria. Ademais, incrementa as súas prazas, acadando as 20. A Conselleira de Emprego salienta as saídas que teñen este tipo de accións formativas.

A Xunta financiará con 350.000€ a segunda edición deste obradoiro. Para a súa primeira entrega, o goberno galego destinou 260.000 euros.