O lume calcina unha vivenda de Sobradelo

VILAGARCÍA> O coronavirus copa practicamente toda a actualidade, pero antes de ir co tramo final deste informativo facemos un paréntese na información sobre a pandemia para darlles conta doutras novas que nos deixou a xornada. Entre elas, un importante susto en Vilagarcía. Esta madrugada un incendio arrasou cunha vivenda en Sobradelo. O propietario estaba dentro cando comezaron as lapas, pero conseguiu saír ileso.

Manuel Oriol aínda está co susto no corpo. Cre que a orixe das lapas foi un cortocircuíto que se orixinou na habitación principal, na que se comezou a acumular o fume.

El e as súas mascotas están en perfecto estado, pero o lume arrasou por completo esta vivenda da rúa Vilaboa, en Sobradelo. Hoxe Manuel lamentaba a perda pola cantidade de recordos que el e os seus irmáns tiñan na propiedade, con 200 anos de historia.

A rápida intervención do Servizo de Emerxencias de Vilagarcía e do Consorcio de Bombeiros de Pontevedra evitou que o sucesos fora a máis.

A vivenda quedou inhabitable, polo que Manuel Oriol estáse a aloxar cuns familiares.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí