PONTEVEDRA> Os deputados provinciais do PP acusan ao goberno da Deputación de Pontevedra de utilizar métodos “caciquís para favorecer os seus intereses”, unha “impresión”, a dos populares, que comparte a presidenta da administración provincial, pero a inversa. Os deputados provincias Luís Aragunde, Ángel Moldes e Luísa Piñeiro compareceron ante os medios para denunciar que a Deputación de Pontevedra esperou ao último momento no que os concellos presentan os seus proxectos para optar ao último plan provincial de axudas, para facer modificacións importantes nas bases. Catro modificacións son as que crisparon aos populares e polo que manifestan estar a espera de ver a quen favorecen, e que concellos serán os destinatarios das axudas. Por iso dende as filas populares piden que se paralice este proxecto de axudas para os 52 concellos de menos de 20.000 habitantes, e que volva a comezar de novo. Unha petición coa que a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, non está de acordo. Ademais a presidenta provincial aproveitou a ocasión para cargar contra o anterior goberno do Pazo Provincial. Silva defende que as bases son claras e obxectivas, e lamenta que “os caciques chamen o que eles son a xente transparente”.
Inicio Salnés - Caldas