Louzán asegura que o PP gobernará nos nove concellos do Salnés

    almorzo copia100.jpgSALNÉS> A temática electoral volveu a cobrar protagonismo no almorzo que cada fin de ano mantén Louzán cos xornalistas da zona.

    {flowplayer}images/salnes/ALMORZO_LOUZAN_XORNALISTAS.flv{/flowplayer}

    O Partido Popular xa goberna en seis dos nove concellos que compoñen a comarca do Salnés. Para as vindeiras municipais, Louzán prevé que os populares lograrán revalidar as alcaldías nestes concellos e conquistar as dos tres restantes: Vilagarcía, a Illa e O Grove.

    En Vilagarcía, Louzán considera que o liderato socialista está esgotado, e confía na posible alianza PP-IVIL para rematar con 20 anos de goberno da esquerda.

    Na Illa o obxectivo é gobernar por primeira vez por maioría, e no Grove facer valer o seu papel de forza máis votada.

    En canto á súa continuidade como presidente da Deputación, Louzán deixa a decisión en mans do partido e dos cidadáns.

    Á marxe das eleccións municipais, durante o almorzo mantido cos xornalistas do Salnés, Louzán e o vicepresidente da Deputación José Juan Durán, repasaron a intensa labor social que realizaron neste ano na comarca, con apoios económicos a colectivos, a xeración e consolidación de emprego e o impulso de proxectos dinamizadores do turismo como as Pousadas do Salnés.

    Redacción Salnés