PONTECESURES > O director xeral de Desenvolvemento Rural, Edelmiro López, visitou esta mañá o concello de Pontecesures para coñecer os lugares onde se desenvolveran dúas actuacións para mellorar o entorno da zona. Trátase do miradoiro do galiñeiro preto dun antigo vertedoiro e da cruz de Infesta paso obrigado do camiño de Santiago portugués.
O director xeral de Desenvolvemento Rural, Edelmiro López coñeceu esta mañá os dous proxectos aprobados pola consellería dentro do programa Líder Plus do Ulla- Umia. Tratase da rehabilitación de dous medios naturais como son o miradoiro do Galiñeiro preto dun antigo vertedoiro e o lugar Cruz de Infesta.
As dúas actuacións constitúen un orzamento de cen mil euros e consistirán na rehabilitación do medio natural e a reparación do miradoiro, en moi mal estado a causa da presencia do antigo vertedoiro. Estas dúas zonas estarán dentro de uns meses a disposición de veciños e visitantes. Despois destas rehabilitacións estudiarase a viabilidade da recuperación de minas no Monte Salgueira e a reconstrucción de zonas de sendeirismo.
Redacción Salnés