Preséntase e-Depo, a administración provincial on-line

    PONTEVEDRA> O Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, presidiu esta tarde unha xuntanza de traballo con xefes de servicio,…

    {flowplayer}images/salnes/proxecto_edepo.flv{/flowplayer}

    … responsables municipais e alcaldes de toda provincia para darlles conta do funcionamento e das múltiples posibilidades que vai a supoñer a posta en marcha do proxecto eDepo, o que será a administración provincial a través da Rede. As vantaxes deste sistema da administración por vía telemática son múltiples: desde o aforro de papel e de horas de traballo dos funcionarios, ata unha maior axilidade, accesibilidade e transparencia nas xestións.Ó tempo á administración modernízase e faise máis visible e competitiva para tódolos usuarios, desde os propios traballadores do ente provincial ata calquera Concello ou veciño particular. A implantación desta ferramenta será paulatina e agardase que estea plenamente operativa a finais do vindeiro ano. Para iso a Deputación pontevedresa investirá máis de catro millóns de euros.

    E aproveitando esta reunión de empresa, Louzán non quixo deixar pasar a oportunidade de salientar que esta ferramenta online virá a paliar certas lagoas no funcionamento do persoal da Deputación, ate o de agora exemplar. A esta plantilla foi á que lle pediu especial responsabilidade nestes tempos difíciles nos que esta institución está sendo posta en tela de xuizo.

    Con esta nova aplicación informática e cas remodelaciónl do seu modus operandi a Deputación pontevedresa emprende o seu camiño cara a súa auto-reformulación para atallar as crecentes críticas sobre a idoneidade deste tipo de administración provincial.

    Redacción Salnés