![]()
SALNÉS> Achegámonos ata a finca de José Abal, en Meis, que leva anos criando estes animais para desfrutalos no Nadal.
{flowplayer}images/salnes/REPOR_CAPONES.flv{/flowplayer}
Entre os meses de abril e xullo é cando comeza o traballo para José Abal. Pensando xa nas comidas familiares e nos compromisos do Nadal, este veciño de Mosteiro merca nas cooperativas ó redor de 60 galos de menos dun mes de idade. Despois críaos na casa, cunha dieta na que o millo e o trigo cultivados por el mesmo convértense nos piares do engorde dos capóns.
A semana de Noiteboa é a que José Abal escolle para enviar os capóns ó matadoiro, cando xa contan con 6 ou 7 meses e pesan entre 5 quilos e medio e oito. É neste momento cando a carne está no seu punto.
A pesares do traballo que emprega en preparar estes galos, para José Abal a cría non é máis que un pasatempo co que encher as mesas de familia e amigos nestas datas sinaladas.
Redacción Salnés









