VILAGARCÍA> O obradoiro de emprego de Vilagarcía leva a 150 estudantes a coñecer a ruta do Padre Sarmiento na localidade. Os centros que participaron foron o instituto de Vilaxoán, o de Carril e o centro de educación especial de Vilagarcía. A andaina comezou no Rial e rematou en Carril.
Co obxectivo de facer unha irmandade entre tres centros de Vilagarcía e dar a coñecer ós máis mozos a ruta do Padre Sarmiento, o obradoiro de emprego forme18 de Vilagarcía organizou unha andaina dende o Rial ata Carril.
Os diferentes centros educativos cubriron unha zona do percorrido e a continuación pasaron o testemuño á seguinte escola.
Segundo a docente do obradoiro, os 150 estudantes que participaron na actividade mostraron moito interese e gozaron da experiencia.
Ante o éxito da andaina, dende o obradoiro xa pensan en repetir a experiencia.