Últimas compras antes da cea de Noite Boa

    PRAZA_SANXENXOcopy.jpgSANXENXO> As praceiras recoñeceron que as ventas diminuíron con respecto ó ano pasado pero o balance segue sendo positivo.

    {flowplayer}images/salnes/REPOR_PRAZAS_NOITEBOA.flv{/flowplayer}

    Esta mañá, os veciños de Sanxenxo ultimaban as compras de Nadal na Praza de Abastos da localidade. Mentres, as praceiras agardaban vender os últimos produtos. As propias traballadoras recoñeceron que o habitual é que haxa máis afluencia de xente ó longo da semana que no propio día de Noite Boa.

    Centolas, nécoras, cigalas ou camaróns seguen a ser os produtos estrela. Pero estas praceiras lamentaron que o aumento dos prezos e a situación económica fixo que as ventas diminuísen con respecto ó ano pasado.

    Un aspecto que recoñeceron os propios veciños. Para estas veciñas, sen dúbida, a clave está en mercar produtos fresco coma o marisco unhas semanas antes para conxelalo porque o podemos atopar a menor prezo.

    Redacción Salnés