![]()
VILANOVA> A polémica sobre o centro comercial tamén estivo presente na entrega de premios do sorteo da asociación.
{flowplayer}images/salnes/COMERCIANTES_VILANOVA.flv{/flowplayer}
Así daba a benvida José Luís Vilanova Peña, presidente da FECA, ó novo membro da federación. Desde xeito, Vilanova Centro pasa a formar parte dunha gran agrupación de empresarios, despois de que quedara se representación en ningún colectivo trala súa saída do Consorcio de Comercio do Salnés. Un abandono motivado pola polémica da construción do centro comercial de San Miguel de Deiro, que dende hai meses afecta ós comerciantes do Salnés. Esta cuestión tamén estivo presente no acto, suxerido nos discursos do alcalde da vila, Gonzalo Durán, e a directora xeral de comercio, Nava Castro.
Despois dos discursos, Vilanova Centro procedeu ó reparto dos agasallos entre os gañadores do sorteo da súa campaña de Nadal, unha iniciativa coa que os comerciantes buscan premiar ós clientes do comercio local. A listaxe de premios que estivo composta por varias cestas, vales de compra e botellas de albariño Rías Baixas Pazo Baión, aportadas pola propia adega.
Redacción Salnés











