Non asiste á súa aula específica por un erro administrativo

    reunion_lomba_copia.jpgVILAGARCÍA> Dende Educación afirman que se axilizará o trámite. Sen embargo, a nai do alumno asegura que o Xefe Territorial deulle por solucionado o problema.

    {flowplayer}images/salnes/NENO_LOMBA.flv{/flowplayer}

     Pasado o primeiro trimestre escolar e en plenas vacacións de Nadal, Pilar Abal, recibiu unha carta da Consellería de Educación comunicándolle que o neno non podía reincorporase ás clases. O motivo foi un fallo administrativo á hora de inscribilo no centro.

    Tras este aviso, a nai moveu ceo e terra para remedialo problema. Varias reunións co inspector de zona e chamadas á Consellería de Educación non, deron os seus froitos. Mentres tanto, Pilar Abal cada día recibía máis apoios, da ANPA, da Asociación Pro Dereito, os partidos políticos e incluso da directiva de A Lomba, que recoñeceu o seu erro. Unhas mobilizacións que comezaron a dar resultados.

     Os amigos de Manuel o votan de menos e esperan que pronto volva con eles. A nai do alumno afirmou que todos cometemos erros e desexa que todo se solucione pronto sen que ninguén saia prexudicados.

     Un día máis, Manuel tivo que voltar a casa á espera dunha resolución.

     Redacción Salnés