A Primitiva deixa máis dun millón de euros en Catoira

    loteria copia100.jpgCATOIRA> A semana pasada, a Lotería de Nadal deixara un quinto premio en Ribadumia, Vilanova e A Illa.

    {flowplayer}images/salnes/PREMIO_LOTERIA_CATOIRA.flv{/flowplayer}

    8, 11,21,22, 34 e 44. Son os 6 números que esta fin de semana trouxeron a sorte a Catoira. Nesta administración, a número 1, foi onde se selou o boleto acertante na Lotería Nacional deste sábado, unha combinación grazas á que o seu posuidor sumará nin máis nin menos que 1 millón 129 mil euros á súa conta.

    Bombóns e champán para celebrar o gran premio. Despois de que o sorteo do Nadal deixase de lado a Catoira, os responsables desta administración recibiron a noticia como se eles mesmos fosen os agraciados.

    Este boleto foi un dos dous acertantes do sorteo da Primitiva deste sábado. O outro selouse en Mollet del Vallés, en Barcelona. Ata o momento, en Catoira non se sabe nada do propietario desta combinación millonaria.

     Esta non é a primeira vez que a administración número 1 de Catoira, a única da vila, entrega un gran premio. En 2004 repartiron un cuarto premio na Lotería de Nadal; en 2005, foron os 360 mil euros dun pleno ó 15 na Quiniela de fútbol, e en agosto de 2009 selaron un boleto do Euromillón dotado con 356 mil euros. Unha listaxe de premios que fai que en Catoira esta administración se coñeza como a Pequena Sorte.

    Despois da felicidade de hoxe, esta administración só agarda dúas cousas: que o acertante cobre o seu premio, e que o sorteo do Neno non se esqueza de Catoira.

    Redacción Salnés