Asínase o contrato das obras do Hospital do Salnés

    O SALNÉS> Hoxe asinouse o contrato das obras de ampliación do Hospital do Salnés. Unha actuación longamente demandada pola veciñanza que deberá ser acometida no que resta de ano.

    Hoxe asinouse o contrato de execución das obras de ampliación do Hospital Comarcal do Salnés, cofinanciado polo programa operativo Feder Galicia 2007-2013, por un importe de máis de 7.7 millóns de euros. Estas obras serán acometidas pola empresa Dragados afectarán a máis de 4.157 metros cadrados, contando o novo edificio previsto e os que van a ser reformados. Afectarán principalmente á area de urxencias, o de cirurxía e o de obstetricia. Na primeira fase construirase un novo edificio no que se ubicará o servizo de urxencias. Como novidade, cabe salientar a dotación neste espazo dunha área específica para urxencias pediátricas; amais de duplicar a capacidade de atención dos doentes adultos. Ademais, contará cun bloque obstétrico con 2 salas polivalentes, 2 Unidades de tratamento, parto e recuperación e cadansúa consulta e sala de reanimación de naipelos. Na segunda fase, acometerase o bloque cirúrxico, dotado de cinco quirófanos, área de Cirurxía Maior Ambulatoria e o apoio ao bloque cirúrxico. Na terceira e ultima fase acometerase a unidade de coidados postcirúrxicos, que contará, amais, dun novo Hospital de Día, con 10 boxes.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/08/hospital.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/08/contrato_obras_hospital_salnes.mp4{/flowplayer}