Mar constituirá unha mesa de traballo para reforzar o sector da depuración

    mar copia100.jpg

    SALNÉS> O organismo contará con representantes da consellería do Mar, de Agade e da Consellería de Sanidade.

    {flowplayer}images/salnes/CONSELLEIRA_MEXILLON_GALICIA.flv{/flowplayer}

    Buscar saída ós problemas do sector e reforzar o colectivo, é un dos obxectivos do novo organismo que creará a Xunta. A mesa de traballo comezará a funcionar de xeito case inmediato, e estará composta por representantes das consellerías de Sanidade e Mar, e da Asociación Galega de Empresarios Depuradores de Moluscos, procurando axilizar a comunicación entre as tres partes.

    Na súa visita a Vilagarcía, a conselleira tamén abordou a imposición dun novo sistema químico de análise de biotoxinas mariñas por parte da Unión Europea. Segundo Quintana, 26 países eran partidarios del, polo que asegurou que era unha noticia agardada.

    Para a titular de Mar, este cambio de método pode ser un primeiro paso para a modificación dos niveles nas medicións de biotoxina, unha medida que a Xunta procurará evitar.

    Redacción Salnés