O PSOE podería denunciar ó concello por uns contratos de persoal

    PSOE_VILANOVAcopy.jpgVILANOVA> Segundo Jorge María López foron máis de 20 as contratacións que se fixeron sen contar co informe favorable da intervención municipal.

    {flowplayer}images/salnes/DENUNCIA_PSOE_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Os socialistas vilanoveses, co seu novo candidato á fronte, Jorge María López, estudan denunciar ó concello por unha serie de contratos temporais de persoal efectuados ó longo deste ano, presuntamente a petición do seu alcalde, con reparo da intervención municipal e informe en contra da Secretaría Municipal. Segundo López esta actuación podería ser constitutivo dun delito de prevaricación continuada.

    Segundo, Jorge María López este tipo de actuacións só veñen a limitar as posibilidades dos vilanoveses de acceder a un posto de traballo na administración.

    Con respecto ó centro comercial de San Miguel de Deiro, engadiu que o partido socialista non está en contra da creación de catrocentos postos de traballo senón do que cualificou coma un pelotazo urbanístico.

    Aínda que non especificou a data na que poderían presentar a denunciar confesou que están a traballar no asunto para evitar que este tipo de circunstancias se repitan no concello de Vilanova.

    Redacción Salnés