O PSOE de O Salnés afirma que os orzamentos para 2017 discriminan a comarca

    VILAGARCÍA> A semana pasada era o BNG de O Salnés o que valoraba negativamente os orzamentos autonómicos para o 2017, e este venres facíao o PSOE comarcal. Para os socialistas estes orzamentos discriminan completamente O Salnés.  

     

    O deputado socialista Xulio Torrado, acompañado do alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela compareceron este venres ante os medios, para valorar, o que a seu xuízo, son uns orzamentos que discriminan a O Salnés. 

    O Hospital de O Salnés, o futuro novo centro de saúde de Vilagarcía, as remodelacións do de O Grove ou Cambados, ou tamén o novo colexio de Vilalonga son os as infraestruturas afectadas por estes orzamentos. Ademais durante a súa intervención, Julio Torrado, anunciou que os socialistas plantexaran , no vindeiro pleno ordinario do Parlamento, unha pregunta sobre o saneamento integral da Ría de Arousa. 

    Alberto Varela aproveitou o momento para criticar as recentes declaracións do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijó, nas que afirmaba que os orzamentos para o 2017 eran “expansivos”.

    Os dous socialistas coincidiron en sinalar que os orzamentos da Xunta para este 2017, non aportan a O Salnés nada, do que a comarca demandou nos últimos anos.  

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/09/psoe_salnes_orzamentos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/09/psoe_salnes_orzamentos.mp4{/flowplayer}