![]()
MORAÑA> Os operarios dunha empresa madereira atopábanse cortando árbores cando o home de 78 anos, se achegou á zona e se produciu o accidente.
{flowplayer}images/salnes/AccidenteMorana.flv{/flowplayer}
Toda a parroquia de Rebón quedou conmocionada esta mañá ó coñecer a noticia. En torno ás 12 e media este veciño achegouse ata este lugar no que os operarios dunha empresa de madeira estaban a cortar eucaliptos e un deles caeulle enriba. O home sufriu un traumatismo craneoencefálico a causa dun golpe na cabeza cunha das ponlas da árbore pero a morte produciuse por aplastamento torácico.
Ata o lugar dos feitos trasladouse unha unidade do 061 que tratou de reanimalo pero non puideron facer nada por salvarlle a vida e o home morreu na ambulancia antes de que puideran trasladalo ó hospital. Ademais do 061 se desprazaron ó lugar dos feitos protección civil, a policía local e a garda civil.
Avisouse tamén un helicóptero para trasladar ó accidentado pero acabou descartándose polo vento que sopraba esta mañá neste monte do Castro e polo escaso sitio para maniobrar.
Ó longo da mañá familiares e veciños, conmocionados polos feitos, se foron achegando á zona a medida que ían coñecendo a noticia.
Ós últimos en abandoar o lugar dos feitos foron os axentes da policía xudicial acompañados pola garda civil e o responsable da empresa madereira tras inspeccionar o lugar dos feitos.
Redacción Salnés






