Fole supervisa as obras de remodelación do Salón García

     VILAGARCÍA> O Salón García está chamado a ser o novo punto de encontro de representacións teatrais e demais actividades artísticas…

    {flowplayer}images/salnes/obras_salon_garcia.flv{/flowplayer}

     … de Vilagarcía que non precisen de grandes áreas como é o Auditorio. E é que ate o de agora este Concello non contaba cun centro de mediana amplitude e esta é precisamente a razón pola que se deu en remodelar este histórico inmoble na céntrica rúa Rey Daviña para reconvertela en casa da cultura e salón de actos.

    O Alcalde ven de supervisar o remate da primeira fase das obras que dotaron ó inmoble de dous almacéns, dous camerinos, dous aseos con duchas e catro salas para usos múltiples distribuídos en dous andares; e cun patio de butacas central cun aforo de ata 252 persoas.

    Esta actuación foi posible grazas a unha achega de 203.000 euros da Deputación Provincial de Pontevedra; que agora haberá que completar con máis fondos para dotar de contido a este espazo. Polo de agora, o prioritario será a realización dun estudio para coñecer a necesidades técnicas para poder albergar o maior número de representacións; preferentemente os das agrupacións locais. Uns colectivo, por certo, que desde o pasado pleno municipal, deberán adaptarse á nova normativa e, consecuentemente, pagar se é que a súa representación tivese ánimo de lucro.

    Este Salón García ven a sumarse ó Auditorio, ás salas de exposición e ás dúas decenas de centros culturais cos que conta este Concello para dar a coñecer as distintas manifestacións artística.

    Redacción Salnés