Somos Cambados postúlase como a ‘única alternativa real’ ao Partido Popular

CAMBADOS> Xa coñecemos os nomes dos dez primeiros membros da candidatura de Somos Cambados para as eleccións municipais do mes de maio. Tino Cordal repite como cabeza dunha lista que mestura experiencia e renovación. A formación defende que a súa proposta é a única alternativa real para liderar o goberno.

Mesturar experiencia e renovación nunha listaxe representativa de todas as idades, parroquias e sectores produtivos. Estas foron as premisas de Somos Cambados á hora de elaborar a súa candidatura para as municipais do mes de maio. Hoxe coñecemos os dez primeiros membros.

Tino Cordal repite como candidato. Tamén mantén o posto número dous Xurxo Charlín, que nestes anos estivo á fronte da concellería de Economía e Facenda.

Carolina Aragunde, xornalista e empresaria, será a número 3. Pola súa banda, o cuarto integrante da candidatura será o presidente do club de Atletismo de Cambados e socio dunha cooperativa vitivinícola, Fernando Rey. Noelia Gómez, presidenta do club Innae Cambados de Taekwondo, ocupará o quinto posto.

A mariscadora Teresa Piñeiro, o director administrativo dunha depuradora de moluscos Antón Cordal e a técnica en atención sociosanitaria a domicilio Silvia Vozza, sitúanse nos postos 6, 7 e 8, respectivamente. Os profesores Inma Castro e Manuel Fariña pechan os dez primeiros nomes da candiatura de Somos Cambados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí