![]()
VILAGARCÍA> Os Reis Magos chegarán ás 17.00 por mar e repartirán preto de 400.000 caramelos. A saída da cabalgata será ás 19.00 desde o Auditorio.
{flowplayer}images/salnes/CABALGATA_REIS_VILAGARCIA_ptacok.flv{/flowplayer}
Ó seu desembarco en Vilagarcía, os Reis farán a primeira parada na tasca da Marina para recibir a todos aqueles cativos e maiores que os queiran recibir á súa chegada. Logo desta parada, as súas maxestades preparanse para iniciar a cabalgata polas rúas do concello. Seguirán o percorrido tradicional, partindo da explanada do Auditorio ás sete da tarde ata concluír na praza de Ravella.
Unha das novidades deste ano estará na estrela que guíe ós Magos durante o seu percorrido. A segunda das notas destacadas estará no reparto de caramelos. De novo este ano vaise bater un récord con 2.200 quilos de doces reservados para a ocasión, ou o que é o mesmo, unhas 400.000 unidades que non só se entregarán durante a cabalgata, senón tamén nas visitas que as súas Maxestades realicen ó día seguinte, o xoves, ó hospital do Salnés, a Residencia Divina Pastora, tódalas parroquias do concello ou a Escola Infantil Municipal.
A chegada dos Reis a Ravella celebrarase con fogos de artificio e a continuación, os Magos pasarán ó salón nobre do concello para recibir a todos aqueles que se queiran achegar a coñecelos. A previsión meteorolóxica di que o mércores choverá, pero desde a organización aseguran que mentres haxa un neno na rúa, a cabalgata sairá.
Redacción Salnés










