BOIRO> AMICOS avanza no seu proxecto de sensibilización medioambiental ArousaLab. esta mañá tiña lugar a segunda reunión deste grupo de Traballo coordinado pola Consellería do mar que ten por obxecto a conservación do medio mariño.
O centro de AMICOS en Comoxo acollía esta mañá a segunda xuntanza do grupo de traballo Arousa Lab que engloba ós principais colectivos relacionados co mar. Ademais do sector profesional representado por confrarías e asociacións mexilloeiros participan no proxecto entidades deportivas, institucións educativas e a propia Xunta de Galicia que coordina o programa dende a Dirección Xeral de desenvolvemento pesqueiro.
O obxectivo principal do programa, enmarcado no Proxecto A-Agora do Horizonte 20-30 da Unión Europea é promover iniciativas que redunden na conservación do medio mariño, sempre dende o punto de vista da inclusión social.











