Rueda visita o xulgado para os casos de violencia de xénero

    fotoxulgadoscopia.jpgPONTEVEDRA> O conselleiro de Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda visitou esta mañá en Pontevedra o novo xulgado número 4 do Penal.

    {flowplayer}images/salnes/XulgadosPontevedraVisitaRueda.flv{/flowplayer}

    Na visita tamén estivo presente o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e o vocal do Consello Xeral do Poder Xudicial, Manuel Amenar. Os 3 visitaron as instalacións dos xulgados da Parda e sobre todo centraron a súa atención no xulgado número 4 do Penal. O que asumirá as competencias dos casos de violencia de xénero na provincia.

    Sobre o feito de que non vaia a adicarse só a temas de violencia de xénero senón que vaia a tratar outros asuntos Rueda dixo que a solución para esta especialización sería a comarcalización.

     Despois aproveitaron tamén para achegarse á Audiencia Provincial onde visitaron o novo xulgado número 4 do social. O conselleiro recordou que a posta en marcha destes novos xulgados supuxo unha inversión da Xunta de 200 mil euros.

    Aproveitou tamén para volver a pedirlle o concello de Pontevedra a cesión dos terreos da Parda para a construción do novo edificio.

    Ademais a creación destes dous xulgados permitiu a incorporación de 14 novos funcionarios.

     Redacción Salnés