Comezan a caer en picado as vendas de peixes e mariscos

    praza_100.jpgO GROVE> As vendas de peixes e mariscos de calidade disparáronse a finais da semana pasada no Grove. O fin de ano fixo que amentase a demanda…

    {flowplayer}images/salnes/prazas_reis.flv{/flowplayer}

     … nesta praza de Abastos; especialmente por parte dos clientes da diáspora.Agora, logo desta tempada de Nadal, chegan as vacas fracas. Xa para esta noite máxica, os pedidos están a descender considerablemente respecto ás anteriores datas festivas.

    De aquí en diante, as cousas irán aínda a peor: as peixeiras do Grove agardan unha costa de xaneiro das máis duras; os excesos de Nadal xuntaranse este ano ca carestía da crise e ca subida doutros bens básicos, co que as vendas do peixe e do marisco caerán en picado. Toca pois, tamén no sector da venda do peixe e marisco, apertarse o cinto e agardar a que pase o temporal.

    Redacción Salnés