![]()
O GROVE > O Grove recibiu está mañá ó subdelegado do goberno en Pontevedra, Delfín Fernández Álvarez, na segunda Xunta Local …
…. de Seguridade do ano. Acompañados por altos cargos da garda civil e a policía local, abordaron as últimas novas dadas no concello sobre seguridade cidadá, e viaria, e a violencia machista.
Entre as materias que tocaba tratar nesta xuntanza estaba a da seguridade cidadá. Unha asignatura na que O Grove aprobou, xa que os delitos descenderon ata un dazasete por cento nos últimos meses. A colaboración entre as forzas e corpos de seguridade do concello foi outro dos obxectivos a tratar na xunta local. O alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos, quixo destacar o alto grado de cooperación que existe no seu municipio entre a garda civil e policía local.
En materia de seguridade viaria, o alcalde recoñeceu que o seu concello necesita algunhas melloras. Ademais, polo de agora, en O Grove aínda está pendente que as infraccións ó volante con detracción de puntos sexan firmes. Tamén se falou na xuntanza das últimas novas en materia de violencia de xénero. Con só tres ordes de protección, o Grove é un dos concellos con menos denuncias da provincia. Un dato, que tanto o alcalde coma o subdelegado do goberno reñeceron, non debe ser motivo para baixar aa garda.
Redacción Salnés










