Municipais 2007: Salnés e Barbanza sen grandes cambios

    MUNICIPAIS > Os socialistas de Vilagarcía terán que pactar con BNG e con EU para poder gobernar en maioría absoluta. Sete foron os edís que conseguiron, os mesmos que o Partido Popular. O resto dos 21 concelleiros de Vilagarcía repártense entre BNG e EU que obteñen tres concelleiros cada un e I.V.I.L que logra un representante.

    Cambados: o PP mantén a maioría absoluta, pero perdendo votos a costa do incremento do PSOE, case mil votos máis, e o afundimento do BNG. A dos populares foi unha vitoria moi axustada. En escanos, a corporación queda deste xeito, 9 o PP, 5 o PSOE, e 3 o BNG. Perde representación o Partido Galeguista.

    O Grove: todos os partidos que se presentaron ás municipais acadaron representación. O PP foi a forza máis votada, con 2.349 votos, seguido do PSOE, con 1.465. En escanos, o PP perdeu un e queda con 7, o PSOE sobe a 4, BNG queda con 3, Esquerda Unida baixa a un, Ayda Filgueira con A MECA consegue un escano ó igual que Alfredo Bea co PG.

    A Illa: o PSOE consegue a ansiada maioría absoluta que lle permitirá gobernar con tranquilidade, con 1.632 votos. A segunda forza foi o PP con 1.350. En escanos, o reparto queda deste xeito, 6 para o PSOE, 4 o PP e 1 o BNG.

    Meaño: non houbo sorpresas. O PP volverá a gobernar con maioría absoluta, cun lixeiro incremento de votos. Quen perdeu apoios foi o BNG, cuns 200 votos menos, o que lle fixo perder un dos 2 escanos que tiña, que foi para o PSOE, que queda con 2. O PP mantén os 10 edís que tiña.

    Máis do mesmo en Meis: o popular José Luís Pérez revalida a maioría absoluta, cun lixeiro retroceso nos votos. Quen gañou apoios foi o PSOE, con case 300 votos máis. O levouno o BNG, que terá na corporación un só edil. Os 2 escanos que perde foron para o PSOE. Os populares manteñen os 9 que tiñan.

    Ribadumia: o PP de Salomé Peña recuperou a tranquilidade ó conseguir votos suficientes para facerse coa maioría absoluta, con 1.656 votos, 300 máis que no 2003. Deste xeito queda con 6 escanos, Independientes por Ribadumia queda con 4 e BNG mantén a Ramón Mouriño na corporación.

    Sanxenxo: a popular Catalina González consolídase como alcaldesa agora xa co respaldo maioritario dos electores, pese a diminuír os votos en 675. Perde un escano, ao igual que o BNG, que gañan PSOE e VIPS. O PP queda con 9, 4 o PSOE, 3 BNG e 1 VIPS.

    Vilanova: o PP de Gonzalo Durán ratifica a súa presenza no goberno municipal case co mesmo número de votos, 4.200 nestas municipais. O baile de escanos deuse nos grupos da esquerda, o PSOE perdeu apoios a costa do BNG. A corporación queda logo con 11 e PSOE e BNG con 3 cada un.

    Boiro: os electores castigaron ó PP coa perda de máis de 1.500 votos, apoios que absorberon os seus contrincantes. En escanos, o PP queda con 6, 2 menos que na pasada lexislatura, BNG mantén os 5, e soben un cada un PSOE e IC Boiro.

    Dodro: PP e PSOE perderon apoios en favor do BNG, que pasou de 250 a 574 nestes comicios. O PP baixou de 1189 a 988, e os socialistas de 863 a 705. En escanos tradúcese en 5 para o PP, 3 para o PSOE, un menos en ambos casos, que gaña o BNG, que conseguiu 3.

    Lousame: o PP conseguiu a maioría absoluta con 1560 votos, 387 máis que nos comicios de 2003. O PSOE perdeu 233 apoios e o BNG 294. A corporación queda agora deste xeito, o PP con 8 escanos, tres máis que na pasada lexislatura, PSOE con 2 e BNG con un.

    Noia: gañou apoios o BNG que pasou de 851 votos a 1780. O máis votado foi o PP con máis de 4 mil votos, seguido do PSOE con algo máis de tres mil. O PP queda deste xeito con 8 edís e perde a maioría absoluta, mentres que PSOE queda con 6 e BNG colócase con 3.

    Outes: ten valores similares a 2003. O PP revalida a maioría absoluta con 3.169 votos, a segunda forza é o PSOE con 861 votos e o BNG, con 842 votos foi o único que medrou en apoios. En escanos, todo segue igual: 9 PP, 2 PSOE e 2 BNG.

    Padrón: baixa o PP máis de 800 votos a costa do resto de partidos e perde a maioría absoluta. Agora queda con 5 escanos de 7 que tiña, CIPA gaña 1 e colócase en 3 e entra na corporación o partido galeguista cun edil.

    Pobra: Isaac Maceiras seguirá gobernando con maioría absoluta, pero perdendo parte dos votos que foron a parar ó BNG. En escanos, o PP baixa a 9, o BNG sobe 2 e queda con 6 e PSOE baixa a 2. Porto do son: destaca a subida do BNG con 1.394 de 777 votos que obtivo en 2003. A forza máis votada segue sendo o PP pero perde 2 escanos, o PSOE perde 1 e o BNG gaña 2. Entran na corporación os independentes e mantense AVS.

    Rianxo: tamén perdeu votos o PSOE en Rianxo, pero mantén a maioría absoluta, grazas ós 3.540 votos recibidos. En escanos, o PSOE baixa de 11 a 9, que van para o BNG e PP que quedan cada un con 4 edís nesta nova corporación.

    Ribeira: aquí tamén perde votos o PP, pero mantén a maioría absoluta. Os máis de mil votos que perderon os populares foron para os Independentes, que con 1.540 votos conseguen 2 escanos. O PP queda con 11, e BNG gaña 2 e colócase con 6.

    Redacción Salnés