O Rasoeiro disputa un triangular ante Pilotes e Cisne

SALNÉS> O torneo terá lugar esta tarde a partires das 19:30 horas e ten como principal obxectivo fomentar o deporte do balonmán entre a xuventude meca.

Esta noite, o pavillón municipal de Monte da Vila, no Grove, acollerá a celebración dun torneo triangular de balonmán. Nel participan o Academia Octavio Pilotes Posada de Vigo, o Cisne de Pontevedra e o club local, o Rasoeiro.

Abrirán o torneo ás19:30 o Cisne, equipo que milita en Primeira División Nacional, ante o Rasoeiro, de Primeira Autonómica. O segundo encontro enfrontará ó Cisne co Pilotes Posada, club que ano pasado militaba en Liga ASOBAL e que este ano faino en División de Honra, segunda categoría a nivel nacional. Será o conxunto vigués o encargado de pechar o torneo xunto ó Rasoeiro a partires das 21:00.

Os encontros terán unha duración de media hora, a habitual neste formato de competición.

Estes encontros torneo ten como obxectivo fomentar a practica deportiva, concretamente a do balonmán, entres os xóvenes do Grove.

Redacción Salnés