‘Lamento que Marcelino Abuín non presentase antes a súa dimisión’

    PRESIDENTE_VECINOS_RUBIANScopy.jpgVILAGARCÍA> Estas foron as palabras do Presidente da Asociación de Veciños de Rubiáns fronte á dimisión do ex edil de Urbanismo.

    {flowplayer}images/salnes/PLENO_ABERTO.flv{/flowplayer}

    Tras facer un repaso á súa vida política en Vilagarcía, o presidente da Asociación de Veciños de Rubiáns e número tres da lista do BNG para as vindeiras municipais fixo unha valoración da dimisión de Marcelino Abuín coma edil de Urbanismo. Xurxo Abuín confesou que non lle sorprendeu a nova pero si lamentou que non presentase antes a súa dimisión.

    Abuín destacou, ademais, que no mundo da política non se poden elaborar proxecto se contar previamente coa opinión dos veciños. Algo do careceu, ó seu parecer, o ex edil de Urbanismo. Por iso, considerou que desde o seu partido xa tiñan que haber feito algo ó respecto fai tempo.

    Por último, confesou que Marcelino Abuín malgastou o orzamento co que contaba a súa área.

    Mentres, desde o concello continúan as reunión dentro do grupo municipal socialista para elixir a persoa que se fará cargo da área de xestión do territorio.

    Redacción Salnés