O coro do Liceo e o pianista Juan Camba presentan Misa Criolla

    fotocorocopia.jpgVILAGARCÍA> A obra porase en escena o sábado ás 20:30 na Igrexa de Santa Eulalia de Arealonga. Esá catalogada como de importancia relixiosa universal.

    {flowplayer}images/salnes/ConcertoCoroLiceo.flv{/flowplayer}

    O espectáculo celebrarase na Igrexa Parroquial de Santa Eulalia de Arealonga ás 20:30 da tarde. A obra é unha expresión do Folklore Latinoamericano e aínda que ten unha forte profundidade relixiosa, segundo o seu autor, Ariel Ramírez non debe considerarse unicamente como unha expresión católica.

    Está considerada como unha das obras cumes da música arxentina, en Galicia é a primeira vez que se pon en escena pero este espectáculo xa foi interpretado por figuras da talla de José Carreras ou Mercedes Sosa.

    Na posta en marcha desta Misa Criolla participaron a Deputación de Pontevedra, Nova Caixa Galicia e a Autoridade Portuaria que esta mañá asistiron tamén a presentación da obra.

    O autor dedicou esta obra a dúas monxas alemás que durante o nazismo axudaron con alimentos ós prisioneiros dun campo de concentración.

    Redacción Salnés