O recurso da familia Baltar entorpece a adquisición da casa de Castelao

    casacastelao.jpgRIANXO> O executivo confía en que durante o 2011 conclúa o proceso de adquisición da casa de Castelao para convertela en patrimonio dos galegos.

    {flowplayer}barbanza/casacastelao.flv{/flowplayer}

    O executivo rianxeiro agarda a que non prospere o recurso presentado pola familia Baltar, actual propietaria da vivenda, e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratifique a declaración como Ben de Interese Cultural da vivenda de Castelao situada na rúa de Abaixo, que se fixo efectiva en marzo do ano 2009.

    Trabas

    Para esta consideración, o expediente tivo que facer fronte previamente a numerosas dificultades, entre elas a negativa dos donos do inmoble a permitir o acceso ós técnicos de Patrimonio para comprobar o seu estado e a situación do legado existente no seu interior.

    Un proceso lento e de varios anos e que parecía ter culminado coa declaración BIC da vivienda.

    Máis implicación

    Lonxe de solucionarse a situación parece agora de novo estancada, polo que dende o goberno local botan en falla unha maior implicación por parte do Goberno Autonómico neste asunto, xa que se trata da residencia dunha das figuras máis senlleiras da historia de Galicia.

    Dase a circunstancia de que a de Castelao é a única das viviendas dos tres ilustres rianxeiros que segue en mans privadas; a de Manuel Antonio está a piques de abrirse como casa museo e a de Dieste agarda a súa rehabilitación.

    A posibilidade de que se revocase a consideración de BIC para a vivenda do autor do ‘Sempre en Galiza’ suporía un duro revés para o ambicioso proxecto que ten en marcha o executivo rianxeiro como é o da academia literaria.

    Redacción Barbanza