PORTO DO SON> O acordo permitirá seguir mantendo as axudas a aquelas familias do municipio en situación de dificultade. O alcalde, Luís Oujo, e o director xeral da Fundación Amigos de Galicia, Jesús Busto, foron os encargados de asinar esta renovación do convenio, de carácter anual, que permite a colaboración entre ambas entidades para poder axudar a aquelas familias do municipio que están a pasar por dificultades económicas. O Concello, a través do departamento de Servizos Sociais, continuará dándolle cobertura das necesidades básicas a unas trinta familias do municipio co reparto de alimentos, roupa, produtos de hixiene e limpieza, entre outras. Durante o pasado ano 2017, a Fundación Amigos de Galicia gastou un total de máis de doce mil euros neste Concello, principalmente en alimentos e produtos de primeira necesidade, sendo a aportación municipal duns 2.200 euros. Ademais de Porto do Son a entidade colaboira tamén con outros concellos da zona como é o caso de Rianxo ou Ribeira.
Inicio crb