Ángeles Vázquez destaca a rehabilitación levada a cabo nas antigas vivendas dos mestres

RIANXO> A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitaba a actuación que permitirá poder destinar estes inmobles a alugueiro social. A Xunta realizou unha achega de preto dos 250 mil euros.

Acompañada do alcalde, Adolfo Muiños, a titular de Vivenda visitou esta mañá un dos dous bloques das antigas vivendas dos mestres que veñen de ser rehabilitadas grazas a unha achega de preto dos 250 mil euros da Xunta para destinalo a alugueiro social daquelas familias do municipio en situación de emerxencia. Durante a visita Ángeles Vázquez destacou o resultado da actuación que permitiu rehabilitar oito vivendas.

Dende o goberno municipal agradeceron o financiamento da Xunta, que permitiu poder desenvolver a actuación e dar resposta así a unha vella demanda do Concello.

A intención do executivo rianxeiro é poder dar cobertura a tódolos demandantes de cara ó vindeiro ano unha vez aprobado en pleno o regulamento de uso do espazo. Un trámite que confían poida realizarse antes de finais deste ano.

 

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí