O concello reparará esta semana o vertido de fecais á praia de A Concha

    vertido copia100.jpgVILAGARCÍA> Tamén abordarán a reparación dunha filtración á praia de augas procedentes dun regato de Guillán.

    {flowplayer}images/salnes/VERTIDO_PRAIA_CONCHA.flv{/flowplayer}

    As masivas precipitacións rexistradas na comarca os últimos días, sinálanse dende o concello como as responsables do vertido de augas fecais que se produciu a semana pasada na praia da Concha, en Vilagarcía. Un feito que dende o goberno local califican como puntual.

    Na xuntanza desta mañá, os concelleiros de Xestión do territorio, Obras e Medio Ambiente, decidiron tapiar esta semana o aliviadoiro do que procederon os vertidos para rematar con eles. Ademais, o concello realizará outra actuación na praia para pór fin a outras filtracións, desta vez de auga procedente dun regato de Guilláns, que dende hai tempo se están a producir na zona.

    Estes vertidos provocaron a alarma entre as mariscadoras da zona, que chegaron a presentar queixas no concello. Tania García asegurou que o goberno local se porá en contacto con elas para explicarlles a situación.

    Mentres que a concelleira de Xestión do Territorio asegurou que o problema das fecais quedará finalizado esta semana, sobre as filtracións procedentes do regato manifestou que os traballos de reparación da avaría serán máis complicados, polo que non quixo poñer data á solución.

    Redacción Salnés