BOIRO> O PP levará a pleno unha moción solicitando o restablecemento dos servizos que prestan o complexo deportivo e a piscina da Cachada.
{flowplayer}barbanza/reducionservizoscachada.flv{/flowplayer}
Recollendo as demandas dos usuarios do complexo deportivo da Cachada, o PP decidiu levar a pleno a problemática da diminución de servizos e deficiencias que afectan a esta instalación.
A través dunha moción, solicitan ó executivo que inicien as negociacións coa empresa e os usuarios para buscar unha solución que garanta o mantemento do centro e o funcionamento dos servizos que viña prestando ata o momento.
Transparencia
Deste xeito, tamén instan á empresa adxudicataria a poñer a disposición do concello toda a documentación da xestión económica dos últimos anos para negociar con total transparencia e adoptar as medidas que fagan rendible a actividade nestes momentos de dificultades económicas.
Os populares responsabilizan ó actual goberno de ter chegado ata este punto. Din que xa hai tres anos, o executivo tiña coñecemento da difícil situación posto que foi advertido tanto pola empresa concesionaria como por algúns usuarios do deterioro progresivo das instalacións.
Redacción Barbanza