O Salnés contará cun novo depósito para almacenar auga potable

    PLAUUIMIADEPOSITO copia.jpgVILANOVA> O presidente da Mancomunidade, Gonzalo Durán, asegura que Medio Ambiente o incluirá no Plan Umia, ó que destinará a indemnización de Brenntag.

    {flowplayer}images/salnes/REUNION_MATI_UMIA_290312.flv{/flowplayer}

    O presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, asegura que a consellería de Medio Ambiente incluirá no Plan Umia a construción dun novo depósito para aumentar a capacidade de almacenamento de auga na comarca en quince mil metros cúbicos. Era a petición que levaba en carteira trala reunión celebrada o luns cos alcaldes do Salnés: que os cinco millóns en medio de euros que a Xunta vén de cobrar en concepto de indemnización pola catástrofe de Brenntag se reinvestisen en actuacións no río Umia, entre elas a do depósito.

    Gonzalo Durán asistiu á entrevista cun estudo realizado por Aquagest no que se recollen, entre outros datos, os niveis de consumo no Salnés. Segundo o documento, actualmente consúmense 17.000 metros cúbicos de auga de media ó día, cifra que sobrepasa os 24.000 metros cúbicos en tempada de verán. Segundo Durán, ó conselleiro chamoulle especialmente a atención o incremento do consumo desde o ano 1997, data da última reforma nos depósitos da Mancomunidade, pasando de 3.700.000 metros cúbicos ata 6.400.000 ó ano.

    Sen embargo, a pesar do optimismo amosado por Durán, o certo é que trala reunión, o conselleiro de Medio Ambiente nada dixo sobre a construción dese novo depósito. Si xustificou unha vez máis o cobro dos cinco millóns e medio de euros de indemnización (case a metade do que inicialmente se pedía) e recoñeceu que se destinarán a impulsar o Plan Umia. Pero só falou de recuperar as marxes do ría o incrementar a calidade das augas.

    Segundo o presidente da Mancomunidade, o compromiso co novo depósito é firme, aínda que polo de agora non se estableceron prazos posto que é unha obra que require ser proxectada con tempo.

    Con este depósito de quince mil metro cúbicos a Mancomunidade acadaría unha capacidade total de almacenamento de 25.000 metros cúbicos (posto que xa conta cun depósito de dez mil) garantindo 24 horas de consumo. Para o futuro plantean a posibilidade de construír outro depósito de 25.000 metros cúbicos, proposta que xa remitiron á Xunta.

    Niveis de xullo

    Segundo o presidente da Mancomunidade do Salnés, o conselleiro comprometeuse a pasar este informe que lle presentaron ó presidente de Augas de Galicia para intentar axilizar o proxecto do depósito. Outro dos temas que tocaron na reunión é o estado do encoro do Umia. Segundo comunicou o conselleiro, os índices da cianobacteria están controlados pero preocupa o nivel da auga. Está ó corenta por cento. Rexistros que se adoitan acadar no mes de xullo.

    Redacción Salnés