Doce horas de música e humor en beneficio da Protectora de Animais

    festivalpulga copia.jpgCAMBADOS> O Refuxio organiza o I Festival da Pulga para recadar fondos. Será o 3 de decembro,  con artistas como Rober Bodegas ou Manquiña.

    {flowplayer}images/salnes/PTAC_MARATON_PULGA_111111.flv{/flowplayer}

    Doce horas de música e humor. Esta e a proposta que nos fan desde o Refuxio de Animais de Cambados para pasar o sábado tres de decembro. Pero non é a única. O programa de actividades estenderase ata o domingo, todo coa fin de recadar fondos para que as instalacións e os voluntarios da Protectora poidan seguir desempeñando o seu traballo.

    Entre os artistas que actuarán desinteresadamente están os humoristas Manuel Manquiña, Rober Bodegas, o cambadés Isi Baamonde ou o músico Miguel Costas, ex Siniestro Total. Estes, de entre os que xa estaban no cartel de setembro. Das novas incorporacións cabe salientar a Julio Castejón, referente do pop nacional e creador do grupo Asfalto ou ó showman de Vigo Tony Lomba. A maratón terá lugar no Salón de Congresos Peña e a entrada será gratuíta. Aínda que todos os que queiran realizar donativos terán varias opcións ó seu alcance.

    As actividades continuarán ó día seguinte, domingo, cunha sesión vermouth no mesmo recinto e pola tarde cunha representación teatral e unha exhibición canina a cargo do adestrador do Refuxio, Máximo Ares. E durante todo o día estará aberto o rastro benéfico no que participarán protectoras de animais de toda a provincia de Pontevedra.

    Redacción Salnés