![]()
VILANOVA> Así o informou o responsable da Promotora, Álvaro Cernuda, trala xuntanza que mantivo co alcalde no concello.
{flowplayer}images/salnes/REUNION_PROMOTORA_CENTRO_COMERCIAL_VILANOVA.flv{/flowplayer}
Esta mañá o alcalde de Vilanova reuniuse co Responsable da Promotora do centro Comercial, Álvaro Cernuda, para seguir avanzando no proxecto despois de que fora aprobado o pasado mes de decembro a recalificación dos terreos. Abarcaron o tema do proxecto de reparcelación, o seguinte paso antes da solicitude da licenza comercial do que tamén falaron.
Unha vez que dispoñan da licenza comercial será cando Desarrollos Vilanova efectúe o pago do 10% do centro comercial ó concello. Gonzalo Durán adiantou que será en cuestión de catro meses.
Con respecto á polémica que se xerou en torno á creación ou non de postos de traballo na localidade coa creación do centro comercial, Cernuda tamén quixo aportar a súa opinión.
Por último, o responsable da promotora mostrou a súa satisfacción con que os fondos da superficie vaian ser destinados a un fin social coma é a adquisición do Pazo de Vista Real.
Redacción Salnés








