Ribadumia e Cambados maniféstanse en defensa da igualdade dos dereitos das nenas de todo o mundo

CAMBADOS> Ribadumia e Cambados mobilízanse para defender e respectar a igualdade de dereitos das nenas en todo o mundo. Ambos concellos celebraron diferentes actos co alumnado dos seus centros escolares polo día internacional da nena.

O día internacional da nena celébrase co obxectivo de defender e respectar a igualdade de dereitos das nenas en todo o mundo. Para conmemorar esta data, concellos da comarca como Ribadumia e Cambados mobilizaron aos seus escolares en diferentes actos.

No acto de Cambados, os escolares participaron recitando textos e cunha solta de globos.  Dende o concello resaltaron a importancia de facer estas actividades cos máis pequenos.

Tanto os membros da corporación como os escolares leron unhas mensaxes a prol da igualdade e o respecto do dereito de todas as nenas do mundo.

En Ribadumia o acto tivo lugar no salón de plenos. Abriu a lectura o alcalde David Castro cun manifesto polo Día Internacional da Nena e continuaron coas lecturas os alumnos do CPI Julia Becerra Malvar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí