Vilgarcía en Común reclama o Plan de transportes para Vilagarcía

VILAGARCÍAENCOMÚN_PLAN_TRANSPORTE>  Vilagarcía en Común reclama un Plan de transporte que se adecúe ás necesidades de Vilagarcía. A formación presenta unha batería de alegacións  para demandar máis liñas. Aposta por reducir tarifas e elimina-lo modelo de segregación comarcal.

Vilagarcía en Común insta á Xunta de Galicia a deseñar un Plan de Transporte que  se adecúe a capital arousá. A formación ven de presentar as alegacións ó nomeado documento. Dentro das súas propostas encóntrase a de non limitarse só ós lindes da vila e ampliar as redes de autobuses ó resto de concellos.

Consideran que a Xunta acaba de perder unha oportunidade de outorgar a Vilagarcía unha intermodalidade que toda a comarca necesita. A posibilidade de que os habitantes dos concellos veciños non teña que coller o coche para achegarse a estación. E tamén se perde a ocasión de deseñar liñas efectivas dentro da vila.

Dentro das rutas internas, os comúns queren reformar a liña Vilaxoán – Carril e facela circular unindo a Rubiáns. Deste xeito concentraríanse moitos dos servizos importantes da vila como o Concello, o hospital, o centro de San Roque e os núcleos de interese históricos como son Carril e Vilaxoán. Tamén piden que o acceso a estes servicios teña o mesmo custo para todos aínda que dende algunhas aldeas se necesiten coller dous autobuses.