O pequeno comercio apaga a luz en sinal de protesta

     CAMBADOS> O Consorcio do Comercio do Salnés lidera un movemento reivindicativo e de protesta dos pequenos comerciantes…

    {flowplayer}images/salnes/ptac_apagon_comercio.flv{/flowplayer}

     … do Salnés en contra das dificultades económicas que está a atravesar o sector, e que veñen a agravarse cas últimas modificacións legais e ca falla de fluxo de creto bancario. Fartos de que non lles concedan créditos nin con avais cos que facerse con liquidez para superar estes momentos, os pequenos e medianos empresarios do Salnés fan un chamamento ás autoridades. Queren que lles conxelen os impostos e que se deixe de favorecer ás grandes superficies; en caso contrario veranse abocados ó peche.

    E para escenificar como quedarían as rúas sen os pequenos negocios, a vindeira semana comezarán cun curioso acto reivindicativo. Amais de prescindir de toda iluminación nocturna, tamén porán nos seus escaparates, portas e vehículos esquelas nas que pregoe a morte destas empresas, que o que prevén que poida pasar de seguiren así as cousas.

    Respecto á seguridade propia dos locais, e trala vaga de roubos que están a sufrir os negocios nas últimas semanas, os comerciantes non pensan que esta falla de iluminación poida ser un acicate posto que os últimos roubos foron a plena luz do día á vista de todos; e precisamente, con esta medida, o que queren é evitar a perda da vida comercial nas rúas das vilas; que vai que as propias rúas se devalúen e se convertan en espazos marxinais.

    Redacción Salnés