Vendedores e clientes da praza acollen con normalidade as obras

    obras_mercado_villa copia.jpg VILAGARCÍA> Desde o luns as escavadoras traballan para mellorar accesibilidade, seguridade e adaptar o mercado ás normas hixiénico-sanitarias.

    {flowplayer}images/salnes/OBRAS_PRAZA_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    …A remodelación comezou pola zona sur, na entrada desde a churrería, o que obrigou a desprazar oito postos cara o andar superior.

    Esta mañá víase pouco movemento no mercado de Vilagarcía. Non polas obras de reforma da praza, nin sequera polo feito de non ser día de feira, aínda que tamén. Os comerciantes ben coñecen a causa: a costa de xaneiro. Polo demais total normalidade.

    O comezo dos traballos de acondicionamento da praza non entorpeceron a rutina diaria de vendedores e clientes, nin sequera o das tres carnicerías que tiveron que ser trasladadas ó andar superior, acondicionado de xeito provisional pola empresa adxudicataria das obras. En realidade foron 8 os negocios que se mudaron a esta planta, pero cinco están pechados. A posta en funcionamento dun montacargas para subir as mercadorías e dun ascensor para o acceso dos clientes contribuíron a esa normalidade. Os vendedores pensan por tanto seguir contando cos seus clientes habituais pero ven máis difícil que se poidan achegar novos compradores ó ter que subir ata o piso superior, aínda que é unha zona á que a xente non asidua á praza adoita subir só por curiosidade, e isto pode beneficiarlles.

    A reforma ten como fin converter a praza nun edificio máis accesible, seguro e adaptado á normativa hixiénico-sanitaria. Irá facéndose por fases, de xeito que a medida que rematen unha zona, os postos trasladados á planta provisional volverán ó espazo xa remodelado para deixar o sitio ós do tramo ó que se trasladen os traballos.

    Redacción Salnés