![]()
VILAGARCÍA> Así o acordaron na xuntanza que mantiveron no concello. Aguirre mantén a súa vontade de facer os bancos de formigón.
{flowplayer}images/salnes/REUNION_BANCOS_RAVELLA.flv{/flowplayer}
Despois de que se aprobase en pleno, por unanimidade da corporación municipal, a restitución dos bancos de Ravella, esta mañá deuse un paso máis para lograr este obxectivo. A comisión de veciños en contra do derribo do mobiliario mantivo unha reunión coa arquitecta encargada do proxecto, Isabel Aguirre, e a actual edil de Urbanismo, Tania García. Finalmente chegaron a un acordo. O concello redactará un novo proxecto que terá que ser aprobado por Patrimonio.
A arquitecta tivo oportunidade de explicarlles ós veciños a filosofía do proxecto e considerou que toda a polémica que se xerou foi debido a unha falta de comunicación.
A pesares do acordo, Aguirre segue mantendo a súa vontade de realizar os bancos de formigón deixando para unha segunda fase, nun segundo proxecto, o uso das baldosas. Esta cuestión quedará resolta nos vindeiros días.
Tamén falaron do proxecto de rexeneración do parque da praia de Compostela. Despois da xuntanza, Tania García, a arquitecta e técnicos da empresa adxudicataria desprazáronse ata zona para supervisar as obras deste proxecto que comezaron esta semana.
Aguirre despexou algunhas dúbidas: a maioría dos bancos manteranse pero serán reubicados, manteranse tamén as prazas de aparcamento así como a zona axardinada, a varanda e o cerre.
Redacción Salnés







