A Feira Multisectorial FEXDEGA abre as portas da súa 37ª edición

    VILAGARCÍA > A feira Multisectorial FEXDEGA abriu as súas portas ata o domingo 15 de outubro, con especial protagonismo do sector do moble. O sector agrícola tamén experimenta un incremento de firmas.

    O automóbil, o comercio e a liña de productos para xóvenes tamén forman parte da oferta de Fexdega na súa edición número 37.

    A inauguración tiña lugar unha vez que os expositores remataban de adecentar os stands nos que mostrar a mellor cara dos productos á venta desta trixésimo sexta edición da Multisectorial. Por segundo ano, en FEXDEGA pónse en práctica un programa que lle permite á organización garantir un número de visitas de colectivos e asociacións.

    Javier Gago despediuse como alcalde de Fexdega e recordou os inicios dunha feira que hoxe supón un dos referentes da comunidade pola súa contribución ó desenvolvemento da comarca e de Galicia.

    fexdega_200_111006.jpgA comitiva percorreu a feira, parando nas opcións máis curiosas desta edición. Roberto Araújo, xerente en funcións trala marcha de Corbacho, non dubidou xunto co Vicepresidente da Deputación en coñecer de primeira man algúns dos productos. Mentres, no recinto xa se rexistraban as primeiras vendas, que se multiplicarán durante a ponte e na fin de semana. Entre os productos expostos ten especial protagonismo o sector do moble: as empresas do ramo ocuparán o 25% da feira e delas, o 10% chegan de Portugal. O salón non esquece ás grandes firmas automobilísticas: Opel, Renault, Kia, Nissan e Iveco ocupan parte do recinto interior e exterior, ademais dunha empresa multimarca con coches de importación de firmas como Audi, Porsche, BMW, Mercedes ou Ferrari. Zona Aberta tamén conta cun corredor máis amplo e variado que en anteriores edicións, onde expoñen gran variedade de productos: téxtil, agasallos, decoración,…

    A entrada á feira ten un prezo de 3 euros, anque os nenos e xubilados poden acceder gratis. O salón está aberto de 11 da mañá a 9 da noite.

    Redacción Salnés