O campo de A Bouza, último dos campos inaugurados por Louzán

    campobarrantes_100.jpgRIBADUMIA > O Concello de Ribadumia conta xa có novo campo de A Bouza que inauguraron a actual alcaldesa, Salomé Peña e…

    …o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán. Novas gradas, mobiliario deportivo ou herba sintéctita son algunhas das melloras das que poderán gozar os afeccionados ó fútbol da vila.

    Os grandes protagonistas desta inauguración foron os clubs deportivos do Umia e Ribadumia. Nenos, maiores, políticos, deportistas e veciños. Todos eles estiveron presentes no campo de fútbol de A Bouza, en Barrantes para darlle a benvida ás novas instalacións. O Concello e a Deputación fixeron un investimento conxunto de 376.000 euros. Un campo que chega nun momento doce para os de Ribadumia. Salomé Peña felicitou os xogadores polo seu recente ascenso.

    Un xogo de portería de fútbol once, dous de fútbol sete e un marcador electrónico completan as novas equipacións deste campo que ten como fin fomentar a práctica deste deporte. Este campo é un dos 52 que está a inaugurar a Deputación na provincia.

    Redacción Salnés