![]()
RIANXO> As partidas máis importantes foron destinadas a infraestruturas deportivas e a obras de abastecemento de auga e saneamento.
{flowplayer}barbanza/balanceinfraestruturasrianxo.flv{/flowplayer}
O rexedor rianxeiro fixo balance esta mañá do que foi este ano 2010 en materia de investimentos. A pesar da non desdeñable cifra de preto dos trece millóns de euros de inversión, o alcalde sinalou non sentirse satisfeito, pois segundo el sempre queda moito por facer. Así entre as actuacións realizadas, en fase de execución ou en licitación destacou o remate das obras do parquing de Taragoña e as obras de ampliación do concello presupostadas as dúas en máis de 800 mil euros. A consecución dos ansiados saneamentos para as parroquias de Leiro e Isorna, executados actualmente nun 80% e que poderían entrar en funcionamento antes do verán, por importe de máis de 4’8 millóns de euros, ou diversas actuacións de mellora en travesías e estradas do municipio.
Preocupación polo emprego
Aínda así o rexedor local amosouse preocupado polo emprego, facendo alusión á marcha do polígono industrial, ou mesmo á solicitude dun obradoiro de emprego.
Optimización recursos e servizos
De cara a este ano, sinala como reto principal do equipo de goberno a optimización dos recursos e os servizos municipais.
Redacción Barbanza








