Cambados repartirá oito mil vieiras esta fin de semana

    CAMBADOS> Esta fin de semana a vieira volverá a ser a raíña da gastronomía na Arousa. Desde o venres e ata o domingo…

    {flowplayer}images/salnes/ptac_festa_vieira_cambados.flv{/flowplayer}

    … celebrarase a décimo primeira edición da Festa da Vieira ca que se exaltará este producto do noso mar; este ano ca garantía de que non só procede de Cambados, senón que tamén se trata na empresa local “Porto de Cambados” Amais desta novidade, de que a empresa provedora sexa cambadesa, nesta edición non haberá moitas máis novidades salientables. Sobre a mesa poderemos encontrar a vieira ós estilos tradicionais e outras, tamén ben saborosas, xa máis creativas.

    Este ano, amais de no Paseo da Calzada poderemos saborear este marisco noutros locais hostaleiros do Concello, sen que por iso varíe o seu prezo. O domingo celebrarase o concurso gastronómico da vieira, que este ano contará cun xurado de renome no mundo dos fogóns.

    Será un día despois do tradicional Xantar da Vieira, no Parador de Turismo de Cambados, no que se repartirán a vieira de ouro e dúas placas; para a Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, a primeira, e cadansúa placa para a presidenta do colectivo das mariscadoras de a pé de Cambados, Isabel Pérez; e para o capitán da Garda Civil, José Manuel Rancaño.

    Nesta edición, a festa da Vieira coincidirá ca festa do Carme local co que a organización agarda chegar a repartir unhas oito mil vieiras.

     Redacción Salnés