A política europea ameaza o emprego no arrastre galego

    medidasrecortescotslirio.jpgRIBEIRA> Á espera dunha excepción nas cotas do lirio, os armadores do arrastre estudan alternativas que non deriven no desmantelamento do sector.

    {flowplayer}barbanza/cotaslirio.flv{/flowplayer}

    Os mil empregos directos que supón o arrastre en Galicia, ós que se lle engaden sete mil indirectos, penden dun fío. O brutal recorte nas cotas do lirio sitúa ós armadores nunha difícil situación na que é máis rendible permanecer amarrados que saír a faenar.

    ERE

    Sen embargo, a súa intención é traballar polo que, mentres agardan coñecer a resolución da administración europea sobre unha posible excepción para o cupo do lirio no Cantábrico Noroeste, non descartan a presentación de expedientes de regulación de emprego co fin de poder manter a viabilidade das súas empresas.

    Apoios

    Dada a importancia deste sector en Ribeira, onde teñen base unha trintena de arrastreiros e, en toda Galicia, onde operan preto dun cento de embarcacións, as administracións locail e autonómica posicionáronse do lado do armadores impulsando accións que garantan a viabilidade da flota.

    A Consellería do Mar constituíu un grupo de traballo para representar ó sector ante a Comisión Europea.

    Pola súa banda, a corporación municipal de Ribeira aprobou unha declaración institucional en solidariedade coa flota instando a Bruxelas a replantexar a negociación das cotas en aras de conseguir un reparto xusto en consonancia coa realidade dos estados.

    Redacción Barbanza