Unha vilagarciá premiada na Primitiva con 41.202 euros

    PREMIO_PRIMITIVAcopy.jpgVILAGARCÍA> A pesares de que a administración Nº5 de Vilagarcía non repartiu sorte no Nadal, si o fixo o pasado sábado.

    {flowplayer}images/salnes/PREMIO_PRIMITIVA_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}

    A pesares de que no sorteo de Nadal esta administración número cinco de Vilagarcía non repartiu sorte, si o fixeron esta fin de semana a unha veciña da localidade. Grazas á súa participación no sorteo da Primitiva do sábado e o acerto de cinco números e a complementaria levouse un premio de máis de corenta e un mil euros.

    Ademais, a alegría é dobre xa que a persoa agraciada é cliente habitual da administración, a pesares de que a responsable da administración non quixo desvelar a súa identidade.

    Por iso, para dar premios e repartir sorte é polo que traballan. No último ano xa entregaron tres premios na primitiva.

    Despois deste premio, Eugenia Breijo agarda poder saír nos medios de comunicación en pouco tempo relatando outra nova coma este, se cabe cun premio superior.

    Redacción Salnés