As obras do futuro centro de día da Pobra comezarán antes do verán

    proxectocentrodiapobra.jpgPOBRA> Así o anunciou a conselleira de Traballo e Benestar durante a presentación do proxecto deste edificio cun custe de 800 mil euros e 40 prazas para usuarios.

    {flowplayer}barbanza/proxectocentrodiapobra.flv{/flowplayer}

    Nun ateigado salón de plenos tiña lugar a presentación do proxecto do futuro centro de día. Foi o xerente do consorcio Roberto Rodríguez o encargado de explicar as características do novo edificio de dúas plantas e cunha superficie útil construída de 733 metros cadrados. A través de fotomontaxes, os asistentes puideron visualizar o resultado final das obras, nun inmoble onde se mestura beleza e funcionalidade. Na súa intervención a conselleira, Beatriz Mato, destacou a importancia deste novo servizo dirixido a persoas maiores con dependencia ou en risco de padecela, co obxectivo de que poidan preservar a súa autonomía durante o maior tempo posible e garantirlles unha maior calidade de vida.

    Agradecementos

    O alcalde, Isaac Maceiras, agradeceu o interese e o apoio amosado pola Xunta para poder levar a cabo este proxecto que será unha realidade en brev.

    Antes do verán

    A intención da consellería de Familia e Benestar pasa por sacar a licitación as obras antes do inicio do verán.

    Redacción Barbanza