Veciños de Carreira piden ó concello a dotación de servizos básicos

    carreira_100_260606.jpgRIBEIRA > O estado de abandono en que se atopan varios núcleos rurais da parroquia ribeiresa de Carreira converteuse xa nunha constante denunciada en reiteradas ocasións polos residentes nestas zonas que teñen que facer fronte á falla de servizos básicos. O grupo municipal do BNG fíxose eco das reivindicacións dos afectados coa presentación dunha moción plenaria que solicita a rehabilitación integral no lugar de Toxeira de Antromatos e Barrosas.

    Esta situación, que segundo denuncian os veciños, vense mantendo así dende hai moitos anos obrigou a  moitos residentes a habilitar pozos negros debido á carencia da rede de saneamento. Así mesmo, os veciños destes núcleos rurais denuncian aa deficiencias existentes na rede de abastecemento que lles impide contar con auga corrente de forma regular e o estado de abandono en que se atopa todo o entorno. A maior parte dos camiños atópanse sen pavimentar, converténdose en vías apenas transitables, e a falla de alumeado é unha constante en varios puntos da zona.

    Isto non é todo posto que na zona existen varias fincas afectadas polos vertidos procedentes do campo de fútbol de Carreira que non conta cos desaugues axeitados para a recollida das augas fecais.carreira_200_260606.jpg

    Os veciños consideran que esta deixadez e abandono por parte do executivo municipal é froito dunha clara situación de discriminación. Neste sentido, lembran que xa telen solicitados en numerosas ocasións a dotación de servizos básicos sen que, ata o momento, o goberno local iniciase ningunha actuación.

    Precisamente co obxectivo de instar ó executivo a iniciar unha actuación na zona, o BNG levou a pleno unha moción na que solicita unha rehabilitación integral do entorno así como a habilitación de tódolos servizos básicos para os veciños.

    A voceira nacionalista lembra que esta situación de abandono non é exclusiva da parroquia de Carreira senón que existen moitos núcleos rurais no concello ribeirés que carecen dos principais servizos. Neste sentido, Dominga Brión criticou a política levada a cabo polo goberno do PP que mantén no olvido ós cidadáns do medio rural ata que os grupos da oposición fan pública a súa situación.

    Do mesmo sentir, son os veciños que se sinten totalmente desamparados polo executivo e non comprenden a pasividade do concelleiro, Francisco Sieira, que non está a facer nada pola súa parroquia.

    Redacción Barbanza