A espera para consultas e intervencións diminuiu no Barbanza

    balanceanualhospitalbarbanza.jpgBARBANZA> O xerente e a directora médica do hospital presentaron esta mañá os resultados do balance da actividade deste centro hospitalario no 2010.

    {flowplayer}barbanza/balanceanualhospitalbarbanza.flv{/flowplayer}

    A contratación no último trimestre do ano de dous novos especialistas, un traumatólogo e un radiólogo, que se incorporaron á plantilla do hospital comarcal do Barbanza, así como o traballo do resto de profesionais, permitiu mellorar considerablemente os datos con respecto ó ano anterior, fundamentalmente nesas dúas especialidades nas que existía unmaior tempo de demora. Segundo a propia dirección do centro hospitalario este feito permitiu reducir as listas de espera, tanto para intervencións cirúrxicas coma para consultas. Un feito que non pode calificarse doutro xeito que non sexa positivo.

    Con respecto ó ano 2009 a evolución da actividade cirúrxica ordinaria veuse incrementada en máis de cen intervencións e as listas de espera a nivel global reducíronse ata os 59 días, cando no 2009 era de 70. No que se refire a consultas externas a cifra de pacientes atendidos ascendeu a preto dos 103 mil, 4.245 máis que no ano 2009, cun tempo de demora de media de 59 días, moi por debaixo das 81 do ano anterior.

    Retos para o 2011

    Precisamente un dos principais retos da actual dirección deste hospital para o presente ano pasa fundamentalmente por ver reducidos os días de espera media nas distintas especialidades, tanto para intervención coma para consultas.

    Redacción Barbanza